Creatividade e mercado exterior

Economía e Cultura chega á súa fin cun último obradoiro teórico-práctico. Baixo o título Fórmulas para o achegamento da creatividade ao mercado exterior: experiencias e técnicas para a internacionalización, amosarase por que, como e para que cooperar con axentes doutros países e como dar o salto ao mercado internacional.

Programa

10:00 | Benvida e Presentación. Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura.

10:15 | Saír non é coller un avión. Pensemos un pouco antes de facer a maleta. A importancia da estratexia, a planificación e a organización cando se toma a decisión de internacionalizar. Con Rafael Simón, de Gainza Partners.

11:00 | Xestores Culturais Galegos polo mundo. Exemplos reais de axentes culturais galegos que decidiron apostar polo mercado internacional. Con Samuel Diz, Marta Pérez (Inversa Teatro) e Victoria Romero.

12:00 | Charla-Café

12:30 | Cultura galega no estranxeiro: casos de empresas galegas que decidiron internacionalizarse. Empresas galegas do sector cultural con experiencia internacional. Con Eva Mejuto de OQO, Felipe Laxe de Zeitun Films e Vitor Bello de Nordesía.

14:00 | Xantar

16:00 | Eloxio da cooperación competente. Con Eduard Miralles da Fundación Interats.

17:30 | Apoio institucional á internacionalización. Recursos e fórmulas de apoio público á internacionalización. Con Dolores Meijomín do AGADIC, Fernando Pérez-Soba Aguilar, responsable do departamento de promoción internacional da Cámara de Comercio e un representante da Oficina de Internacionalización do Igape.