Díaz Castro

A Biblioteca de Galicia acolle unha pequena exposición acerca da vida e obra de Xosé María Díaz Castro. A mostra, presente na entrada da institución, recolle os fondos conservados na Biblioteca de Galicia e relacionados co gran poeta galego, honrado no día das letras galegas deste ano 2014.

A mostra inclúe as diferentes edicións da súa obra, dende a aparición da súa poesía na Escolma de Poesía Galega de Fernández del Riego en 1955, e sobre todo dende a primeira aparición de Nimbos en 1961, ata as derradeiras edicións feitas este ano, xunto con homenaxes e biografías.

De curta obra publicada, pero dunha intensidade e calidade poética que vai influir de forma notable na poesía galega, Xosé María Díaz Castro é una sinxela pero esencial figura da nosa literatura. A exposición na Biblioteca de Galicia pretende recordarlles aos seus usuarios e visitantes a figura de tan entrañable persoa e artista.

 
Exposicións
 
De martes a domingo
21 Xuñ - 26 Nov 2023
Bosque de Galicia
21 Xuñ - 26 Nov 2023
4 Xul 2023 - 7 Xan 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
11 Xul - 15 Out 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
14 Xul - 5 Nov 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Ata o 7 Xan 2024
De luns a domingo | De 10 a 20 h