Diálogos ao redor de Castelao | Carlos L. Bernández

  • Fronte da Arte. Castelao e a plástica galega durante a Guerra Civil

O Día de Castelao a Cidade da Cultura festéxao dando comezo ao este ciclo coa conferencia de Carlos L. Bernárdez sobre o peso da figura de Castelao na plástica galega. Nesta ocasión, centrarase no período da Guerra Civil.

Carlos L. Bernárdez é historiador de arte, curador e crítico de arte. É autor de libros como Breve historia da arte galega, 2005, Nigra; Maruja Mallo: a pintura da nova muller, 2010, Nigra; Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane, 2012, Nigra; ou Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane, 2016, Laiovento.

 

 

 
Letras & Pensamento
 
TODOS OS VENRES|DO 1MAR AO 7XUÑ
De 17:00 a 19:30h