Diálogos ao redor de Castelao | Pilar Cagiao

Profesora Titular de Historia de América na Universidade de Santiago de Compostela e directora do Centro Interdisciplinario de Estudos Americanistas 'Gumersindo Busto'. Entre as liñas de investigación que vén desenvolvendo destacan as relativas aos movementos migratorios e as relacións culturais entre España e América acerca das cales coordinou como Investigadora Principal diversos proxectos de investigación americanista en convocatorias nacionais e autonómicas. Respecto dos movementos migratorios, a súa tese doutoral “Participación económico social da inmigración galega en Montevideo, 1900-1970”, lida na Universidade Complutense de Madrid (1990) mereceu Premio Extraordinario.
 
Foi directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, a cuxa comisión técnica continúa pertencendo, así como Secretaria de revísta Estudos Migratorios. Revista Galega de Análise das Migracións. Na actualidade é membro das xuntas directivas da Asociación Española de Americanistas( AEA) e do Consello Español de Estudos Iberoamericanos ( CEEIB).
 
Letras & Pensamento
 
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada