Diálogos ao redor de Castelao | Miguel Anxo Seixas

Miguel Anxo Seixas é o comisario da exposición Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra. É Historiador pola Universidade de Santiago de Compostela e con especialidade en Arte Moderna e Contemporánea.

Na actualidade é coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura ademais de vicepresidente da Fundación Castelao. As súas liñas de investigación céntranse na intelectualidade galega e é autor de numerosos estudos e escritos sobra a figura de Castealo, no ano 2017, presentou a tese de doutoramento baixo o título Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Biografía dun construtor da nación.

Vén comisariando numerosos proxectos expositivos como Unha mirada ao pasado, exposición de fotografía celebrada no Centro Social Afundación Ourense; Ruth Mathilda Anderson; Unha mirada de antano, Centro cultural Novacaixagalicia, Vigo, Centro Sociocultural Afundación Ferrol, Centro Sociocultural Afundación Lugo, 2011; O Himno, Os tempos son chegados, Museo Provincial de Lugo, 2008 ou Con Fío en Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, 2016.

Na visita relatorio veremos como concibiu esta mostra da que é comisario e nos achegará a súa visión e últimas descubertas sobre Castelao.

 
Letras & Pensamento