A Biblioteca de Galicia pon en marcha o 19 de maio unha xornada técnica sobre datos abertos enlazados para bibliotecas, arquivos e museos.
Os datos abertos enlazados en institucións da memoria son aínda unha cuestión nova para moitos dos profesionais que traballamos nelas. Por este motivo queremos profundar no coñecemento desta nova tecnoloxía para publicar os datos de bibliotecas, arquivos e museos, o que ademais nos permitirá confluír no enriquecemento da importante información cultural que xeramos.
Programa
09.30 – 10.00 | Inauguración e presentación
10.00 – 10.30 | Que poden facer as bibliotecas con datos abertos?
Tony Hernández-Pérez, profesor do Departamento de Biblioteconomía e Documentación da Universidade Carlos III de Madrid
10.30 – 11.00 | LOD: unha linguaxe aberta para enlazar moito máis que datos
Reyes Carrasco Garrido, xefa de Área de Coleccións da Subdirección Xeral de Museos Estatais
11.00 – 11.30 | Aragón Open Data: servizos, datos e arquivos
Julián Moyano Collado, Dirección Xeral de Administración Electrónica e Sociedade da Información do Goberno de Aragón
11.30 – 12.00 | Pausa – café
12.00 – 12.30 | Datos.BNE: o portal de datos bibliográficos da Biblioteca Nacional de España
Ricardo Santos Muñoz, xefe do Servizo de Coordinación e Normalización da BNE
Daniel Vila Suero, Ontology Engineering Group da Universidade Politécnica de Madrid (OEG-UPM)
12.30 – 13.00 | Lista de encabezamentos de materia para as bibliotecas públicas en SKOS
Domingo Arroyo, xefe de Área de Proxectos da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria
13.00 – 13.30 | A lista de encabezamentos de materia en galego como datos abertos enlazados: unha oportunidade para mellorar
Daniel Buján Núñez, xefe do servizo da Biblioteca de Galicia da Subdirección Xeral de Bibliotecas Noelia Bascuas Ferreiro, Biblioteca de Galicia. Subdirección Xeral de Bibliotecas
13.30 – 14.00: Debate e conclusións
