Despois do Encontro Internacional de Economía e Cultura celebrado en febreiro de 2012, a Cidade da Cultura de Galicia aposta por continuar favorecendo vías de colaboración entre o tecido cultural e o empresarial.
Son moitos os representantes do tecido cultural, artístico, creativo, que colaboran con empresas, ofrecendo servizos xeralmente orientados ao potenciamento de marca, comercialización e posicionamento de produtos.
Pero, podería haber outros servizos que se poderían ofrecer? sabemos realmente como pensa e como funciona unha empresa por dentro? como se pode mellorar esa colaboración?
Varios representantes do tecido empresarial ou intimamente relacionados con el vannos expoñer a súa visión da relación co artista, co creativo para que, entre todos, poidamos identificar novas vías de interacción cultura-empresa en Galicia.
Programa
09:30-10:00 Benvida e presentación. Cristina González, de Nova Xestión Cultural
10:00-11:30 Empresa e cultura: unha relación de reciprocidade. Andrés Barro, el Faro de los tres Mundos
11:30-11:45 Pausa Café
11:45-13:30 Da observación á acción: ti eres a túa marca. María Xosé Taboada Salvatierra, Royal Academy of Arts
13:30-15:15 Xantar
15:15-17:00 O artista na empresa: a araña na rede, formiga no formigueiro ou libélula que boa libre? Juan Paz, de Estrella Galicia
17:00-17:15 Pausa Café
17:15-18:15 Se Sócrates levantase a cabeza… José Alcaniz, de Buscadestinos.com
18:15-19:15 Lendo o futuro. Cristina González, de Nova Xestión Cultural






