Creatividade e Empresa

Despois do Encontro Internacional de Economía e Cultura celebrado en febreiro de 2012, a Cidade da Cultura de Galicia aposta por continuar favorecendo vías de colaboración entre o tecido cultural e o empresarial.

Son moitos os representantes do tecido cultural, artístico, creativo, que colaboran con empresas, ofrecendo servizos xeralmente orientados ao potenciamento de marca, comercialización e posicionamento de produtos.

Pero, podería haber outros servizos que se poderían ofrecer? sabemos realmente como pensa e como funciona unha empresa por dentro? como se pode mellorar esa colaboración?

Varios representantes do tecido empresarial ou intimamente relacionados con el vannos expoñer a súa visión da relación co artista, co creativo para que, entre todos, poidamos identificar novas vías de interacción cultura-empresa en Galicia.

 

Programa

09:30-10:00   Benvida e presentación. Cristina González, de Nova Xestión Cultural

10:00-11:30  Empresa e cultura: unha relación de reciprocidade. Andrés Barro, el Faro de los tres Mundos

11:30-11:45  Pausa Café

11:45-13:30  Da observación á acción: ti eres a túa marca. María Xosé Taboada Salvatierra, Royal Academy of Arts

13:30-15:15  Xantar

15:15-17:00  O artista na empresa: a araña na rede, formiga no formigueiro ou libélula que boa libre? Juan Paz, de Estrella Galicia

17:00-17:15  Pausa Café

17:15-18:15  Se Sócrates levantase a cabeza… José Alcaniz, de Buscadestinos.com

18:15-19:15  Lendo o futuro. Cristina González, de Nova Xestión Cultural