CreaGaiás 2019

O 11 de abril a Cidade da Cultura acolle a segunda edición do CreaGaiás, unha xornada lúdico-formativa que procura potenciar o emprendemento e a creatividade así como darlle visibilidade as empresas e proxectos residentes no Centro de Emprendemento do Gaiás e ás personas emprendedoras e profesionais do sector creativo en xeral. Por iso, a xornada está especialmente dirixida a  profesionais do sector, así como a público interesado en aprender sobre imaxe na contorna dixital ou en coñecer de primeira man as empresas residentes no Centro de Emprendemento.

A xornada, que se desenvolverá a partir das 16h no Centro de Emprendemento, inclúe un mercado creativo das empresas e persoas emprendedoras residentes no Coworking e Viveiro do Gaiás, dous obradoiros dirixidos a emprendedores e creadores sobre fotografía con teléfonos móbiles e ioga e hixiene postural no entorno profesional, así como un faladoiro e concerto acústico do dúo xixonés Pauline en la Playa, que esta primavera lanzará un novo traballo discográfico. Completan o programa unha sesión DJ e unha zona de networking e foodtrucks.

Como prólogo da xornada, póñense en marcha ademais dous certames de fotografía co emprendemento como eixo. Un deles de reportaxes fotográficas, dirixido a estudantes e fotógrafos non profesionais; e outro dirixido a instagramers de toda galicia animándoos a publicar todo tipo de imaxes relacionadas co emprendemento. As mellores imaxes serán premiadas o 11 de abril en CREAGAIÁS. Pode consultarse aquí toda a información e as bases de participación de ambos certames:

CreaGaiás é un proxecto organizado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a empresa de xestión cultural Correveydile. Conta coa colaboración da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo e a empresa Daveiga.