CreaGaiás 2019

O 11 de abril a Cidade da Cultura acolle a segunda edición do CreaGaiás, unha xornada lúdico-formativa que procura potenciar o emprendemento e a creatividade así como darlle visibilidade as empresas e proxectos residentes no Centro de Emprendemento do Gaiás e ás personas emprendedoras e profesionais do sector creativo en xeral. Por iso, a xornada está especialmente dirixida a  profesionais do sector, así como a público interesado en aprender sobre imaxe na contorna dixital ou en coñecer de primeira man as empresas residentes no Centro de Emprendemento.

A xornada, que se desenvolverá a partir das 16h no Centro de Emprendemento, inclúe un mercado creativo das empresas e persoas emprendedoras residentes no Coworking e Viveiro do Gaiás, dous obradoiros dirixidos a emprendedores e creadores sobre fotografía con teléfonos móbiles e ioga e hixiene postural no entorno profesional, así como un faladoiro e concerto acústico do dúo xixonés Pauline en la Playa, que esta primavera lanzará un novo traballo discográfico. Completan o programa unha sesión con Rapariga DJ e unha zona de networking e foodtrucks.

CreaGaiás 2019

Programa de #CreaGaiás 2019

  • 16h a 17h. Clase básica de iniciación ao Ioga e hixiene postural para emprendedores impartida por Almazen Ioga.
  • 17:15h a 18:45h. Obradoiro de fotografía con teléfonos móbiles, impartido pola fotógrafa e formadora Cristina Andrés Pontanilla.
  • 19h. Entrega de premios #CreaGaiás. Conducida polo xornalista Tito Lesende. A continuación, faladoiro cos gañadores e as artistas do dúo Pauline en la Playa.
  • 19:30h. Concerto Pauline en la playa. Dúo pop xixonés formado por Mar e Alicia Alvárez, nomes propios da escena musical independente desde os 90´s e que esta primavera presenta un novo traballo discográfico.
  • 20:15h. Sesión DJ con Rapariga DJ.
  • E durante toda a tarde... [16h - 21h]:
    • Mercado creativo cos proxectos emprendedores do CEM, Go2Work e empresas convidadas
    • Intervención artística sobre as tres letras do CEM a cargo do ilustrador Raúl Bermúdez e Anaquiños de papel
    • Photocall balancín decorado por Anaquiños de papel, obradoiro galardoado coa bolsa Eloy Gesto na pasada edición dos Premios Artesanía de Galicia
    • Foodtruck, barra e degustación de vermut Lodeiros, sangría Mariló e Gallegas Mariñeiras

Certames de fotografía

Como prólogo da xornada, póñense en marcha ademais dous certames de fotografía co emprendemento como eixo. Un deles de reportaxes fotográficas, dirixido a estudantes e fotógrafos non profesionais; e outro dirixido a instagramers de toda galicia animándoos a publicar todo tipo de imaxes relacionadas co emprendemento. As mellores imaxes serán premiadas o 11 de abril en CREAGAIÁS. Pode consultarse aquí toda a información e as bases de participación de ambos certames:

CreaGaiás é un proxecto organizado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a empresa de xestión cultural Correveydile. Conta coa colaboración da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo e a empresa Daveiga.
 
Ilustración de CreaGaiás a cargo de Nuria Díaz.
 
 
Visitar
 
Fotografía premiada en Crea Gaiás 2018, de Gery Alejandro Pérez
Fotografía premiada en Crea Gaiás 2018, de Gery Alejandro Pérez
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas