Constelación Luz. Luz Pozo Garza (1922-2022), poesía, arte e vida

A exposición Constelación Luz. Luz Pozo Garza (122-2022), poesía, arte e vida enmárcase nunha serie de actividades que está previsto realizar para conmemorar o centenario do nacemento desta poeta galega que doou o seu arquivo e biblioteca persoal ao Arquivo e á Biblioteca de Galicia.

Exhibiranse unha selección de documentos, libros, revistas, collages, ou debuxos que, co acompañamento doutros recursos audiovisuais, axudarán a contextualizar e interpretar a traxectoria vital e artística desta creadora. Son arredor de 100 pezas entre as que podemos destacar cartas de figuras destacadas da literatura española e galega como Vicente Aleixandre ou de Ramón Otero Pedrayo ou borradores das súas obras de creación. As pezas expostas proceden maioritarimante do fondo documental e bibliográfico doado pola poeta ao Arquivo de Galicia e á Biblioteca de Galicia respectivamente en 2016. Pero tamén se incorporan pezas procedentes doutras institucións e persoas, públicas e privadas, como a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, a Fundación Manuel María, entre outras.

Coa exposición preténdese difundir o legado dunha das máis importantes poetas galegas do século XX, unha muller polifacética que foi profesora de Lingua e Literatura española no ensino secundario, membro da Real Academia Galega, promotora e directora de revistas literarias, que pronunciou conferencias en universidades estranxeiras, participou en seminarios nacionais e internacionais, recibiu múltiples premios e recoñecementos e que foi a primeira muller galega  proposta para un premio Nobel.

O discurso expositivo discorre ao longo de 10 vitrinas cun dobre percorrido. Por unha banda amósanse os documentos xunto á unha narración de carácter cronolóxico.Pola parte de atrás das vitrinas unha fotografía e un poema vai contextualizando en paralelo o narrado no discurso principal.

 
Exposicións
 
 
21 Out 2022 - 16 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
11 Nov 2022 — 9 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
De Nov 2022 a Mai 2023
De 9.00 a 21.00 horas
7 Mar - 11 Xuñ 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Mar - Set 2023
De 9.00 a 21.00 horas
22 Mar - 6 Ago 2023
De luns a domingo | De 10 a 20 h
28 Mar - 27 Mai 2023
27 Xuñ 2023 - 7 Xan 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h