A nena dos pardais

Cando o Gran Temoneiro ordena exterminar os pardais do país porque están a devorar as colleitas, unha nena, Ming Li, decide levarlle a contraria e seguir os ditados do seu corazón.

A nena dos pardais é unha obra de teatro poética sobre os pequenos heroes do cotián. Un espectáculo emocionante, con toques de humor, que parte dun feito histórico real: cando en 1958 Mao Zedong declarou a guerra aos pardais como parte do seu plan para converter China nunha gran potencia industrial.

A compañía catalá Teatre al detall traenos un relato que se inspira na historia para ofrecernos un canto á liberdade e ao respecto á vida, que de seguro chegará ao corazón de pequenos e maiores. Achégate ao Museo Centro Gaiás para recibir o novo ano cunha obra de teatro chea de emoción.

**Para pechar as actividades de Nadal, a Cidade da Cultura fará entrega dos agasallos do Concurso infantil de postais de Nadal antes da representación de A nena dos pardais, o día 4 de xaneiro ás 17:30 horas. A continuación, ás 18:00 horas, dará comezo a obra de teatro.