Obradoiros de decoración do Nadal

Na papelería, a froitería e a pastelería da nosa 'Cidade do Nadal' a cativada da casa poderá aprender a facer adornos con materiais accesibles e naturais. Estes obradoiros están pensados para alimentar a súa creatividade, fomentando o emprego de decoracións artesanais e únicas coas que vestir os seus fogares e tamén a árbore de Nadal do Gaiás.

Os obradoiros de decoración celebraranse nas tardes do 21 de decembro ao 4 de xaneiro, en horario de 16:00 a 20:00 horas. Haberá tamén quendas especiais os días 15 e 16 de decembro. Fóra destes horarios, todos os días de apertura da 'Cidade do Nadal', de 11:00 a 14:00h e nas tardes dos días 5 e 6 de xaneiro, haberá un monitor para que as persoas que non poidan asistir no horario dos obradoiros teñan materiais e ferramentas cos que traballar na súa decoración de Nadal.

  • Papelería. Fabricación de deseños en papel e cartón que servirán para decorar tanto a árbore da 'Cidade do Nadal' como as dos fogares.
  • Froitería. Creación de adornos aromáticos con elementos naturais e froitas propias do outono e do inverno.
  • Pastelería. Decoración de galletas e larpeiradas con motivos propios desta época do ano.