Asaltos! á letra: tradución

Que nos contan as palabras que viaxan desde o galego a outros lugares cando volven? E as que veñen desde outras linguas para ficar?

Estas e outras cuestións voan sobre un ring aberto dedicado á tradución, no que se incidirá nas súas riquezas e dificultades, na diversidade que esta achega, na súa capacidade para nos visibilizar no mundo e facer que o mundo se abra tamén para nós.

Un auténtico duelo autora VS. tradutora para coñecermos o poder da nosa voz emitida por outras gorxas.

  • Modera: María Alonso Seisdedos, tradutora ao galego de series como Shin Chan e Premio Nacional de Tradución pola co-tradución do Ulises, de J. Joyce.
  •  Púxiles:

 -- Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil Xuvenil.
 -- Sara Margherita Cavarero, prestixiosa tradutora que levou ao italiano Jule Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas

 
Letras & Pensamento