Desde Internet, a televisión, a edición, a radio, a libraría ou o xornal, o sector do libro loita por facerse visible, audible ou simplemente comprensible.
Tres destas figuras da divulgación cultural e literaria medirán as súas forzas verbais neste ring que pretende achegar unha visión desde dentro e fóra dos retos que a lectura ofrece no aquí e no agora, no alí e no despois.
Modera: Francisco Castro, editor, escritor e director de Galaxia.
Púxiles:
Púxiles:
-- Ramón Nicolás, crítico literario e creador do blog Caderno da Crítica
-- Óscar López , xornalista cultural especializado en literatura, ideólogo do programa de TVE Página 2.
-- Alejandra de Diego Lata, dinamizadora cultural e unha das propietarias da libraría Berbiriana, na Coruña.

