Desde a Odisea de Homero ata o verso dunha regueifa, pasando polo último disco dunha cantautora, a oralidade estivo intimamente vinculada á forma de nos expresar poeticamente.
A visión desta manifestación artística e a súa identificación coa literatura será o fío de Penélope do que tiraremos para deconstruírmos un tapiz de ideas do máis variado ao redor da voz cantada, recitada ou rapeada. Tres voces da música serán as que se batan en duelo dialéctico:
Modera:
- Xurxo Souto, o cantante d'Os diplomáticos de Monte Alto é, ademais de músico, filólogo e dinamizador cultural.
Púxiles:
- Ses, cantautora galega que cun estilo ecléctico enche auditorios, salas de concertos e teatros de toda Galicia.
- Alexis Díaz Pimienta, escritor e repentista. Director da cátedra de Poesía Improvisada da Universidad de las Artes de Cuba
- Alba María, cantante, investigadora e regueifeira.
