Os ollos da poesía observan o mundo e a nós cun prisma de moitas cores, mais... vémola nós igual?
Neste duelo a tres versos asaltaremos os grandes mitos da poesía, os seus mecanismos de canonización e expansión ou a capacidade dun só verso para construír, desde o minúsculo, un mundo enteiro.
Loitaremos neste ring co poético e contra a poesía, para extraer dela o maior número de visións: a poesía que mira a música, a poesía que mira o canon, a poesía que mira o slam...
Modera: Silvia Penas, poeta, filóloga, performer, e vocalista de Cinta Adhesiva.
Púxiles:
-- Chus Nogueira, crítica literaria, filóloga e ensaísta galega. Foi presidenta da Asociación Galega da Crítica.
-- Antón Blanco, poeta, filólogo e músico. Foi batería de Atrás Tigre.
-- Elías Portela, o poeta pontevedrés é Premio Poesía Afundación. Considerado un dos escritores máis importantes da literatura islandesa actual.

Convocatoria aberta
Prazo do 2 xuño ao 3 xullo 2023