ARGALLAR | As fichas de xogo: as 7 caixas

Continuando o percorrido da exposición, atoparemos as 7 caixas onde residen “as fichas de xogo”, coas que poderemos xogar na sala contigua ao taboleiro de xogo.
 
Estas fichas están codificadas coa forza expresiva das formas abstractas e están ordenadas nunha serie aritmética, partindo do punto, en orde crecente a medida que sumamos outro punto a cada vez.
 
Progresivamente, viaxaremos do punto á liña, de aquí, ao plano do triángulo, ao cadrado, ao pentágono, ao hexágono... para despois experimentar e construír coas pezas da caixa das formas orgánicas, coa súa xeometría de liñas curvas.
 
Na caixa da luz e as sombras, podemos xogar e percibir as sensacións que produce a arquitectura cando se atopa coa natureza da luz.
 
Estes recintos son grandes contedores de madeira de bidueiro e ábrense por diante para permitir o acceso ao seu interior, onde os visitantes non só atoparemos as pezas, tamén teremos información sobre o contido e imaxes con suxestións de usos.
 
En familia
 
10 Dec 2022
De 18.00 a 19.00 horas
Do 16 Dec 2022 ao 8 Xan 2023
16-30 Dec 2022
De 17.00 a 19.00 horas
17 Dec 2022
Ás 18.00 horas
2 - 5 Xan 2023
11 a 14.30 h | 16 a 20 h