Co meu edificio tentei facer “Un cubo que funcione”, dicía Alejandro da Sota.
O cubo é unha figura estable que favorece a construción, nesta caixa poderemos atopar cubos xigantes e tamén prismas (dobre cubo) para favorecer a construción de muros (cor gris). Coa cor verde atoparemos os bloques lupo, trataremos de atopar a peza unidade, é un cubo de 10x10x10 cm, é dicir un 1 dm3, un litro!, antes de acometer os retos imos organizar o material na canteira, creando torres con cada tipo de peza.
A coordinación e a orde sempre deben ser importantes cando traballamos en equipo, Ordem e progesso!
[Xogo proposto por Sistema Lupo ]
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)


