Ano Santo: o rexurdimento dun camiño para todos e todas

A mostra bibliográfica Ano Santo: o rexurdimento dun camiño para todos e todas brinda unha ollada rápida á evolución do fenómeno xacobeo nos últimos setenta anos a través dos seus documentos. Esta exposición da Biblioteca de Galicia permite achegarse tanto a material impreso vencellado á organización e promoción dos Anos Santos, como  a diferentes obras de creación xurdidas da vivencia dos homes e mulleres que fixeron o Camiño.

Máis de 45 pezas dos fondos da Biblioteca de Galicia, desde libros, a periódicos, calendarios ou vídeos, serán as que permitan achegarse á historia da celebración dos anos xacobeos, un acontecemento determinante nas últimas décadas da historia económica, social e cultural de Galicia.

CONTIDO DA EXPOSICIÓN

  • A mostra segue unha ordenación cronolóxica que comeza no 1954, cando o Ano Santo aínda era no esencial unha manifestación de espiritualidade católica. A produción bibliográfica de 1965, o ano da primeira grande implicación das administracións públicas na promoción do Camiño como evento turístico, é a seguinte para da nesta exposición. Neste proceso de afirmación relixiosa primeiro, e de posterior desbordamento da dimensión relixiosa en favor dun enfoque turístico, destácanse as figuras do Cardeal Quiroga Palacios e de Manuel Fraga Iribarne.
  • A relativa calma dos anos xacobeos de 1971 e 1976 foi substituída polo impacto da visita do Papa Xoan Pablo II en 1982, a única ata o momento dun Pontífice de Roma a Santiago nun Ano Santo. Xornais, libros e folletos das coleccións da Biblioteca serán os vehículos que permitirán recordar o vivido naqueles anos.
  • Respecto dos anos santos posteriores búscase amosar a progresiva dimensión internacional acadada polo Camiño, unha internacionalización na que o Xacobeo, sen prescindir da dimensión turística promovida pola actuación institucional, ven de acadar unha dimensión espiritual que non se cingue a unha crenza relixiosa determinada.
 
Exposicións
 
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h