10 anos, 10 autores, 10 libros | María Solar

Este venres 18 de xuño volve o ciclo 10 anos, 10 autores, 10 libros á Biblioteca de Galicia e con el volve a ter o protagonismo a literatura infantil e xuvenil en galego. Nesta nova sesión acompañaranos a escritora e xornalista María Solar, que seleccionou como libro vencellado aos seus recordos O misterio das badaladas, de Xabier P. Docampo.

Unha das nosas autoras de literatura infantil-xuvenil máis recoñecida actualmente falará dunha das obras do que foi un dos grandes renovadores desa mesma literatura en lingua galega. O misterio da badaladas, publicado por Vía Láctea en 1986, foi un deses libros primeiros libros identificados por unha xeración de galegos en idade escolar como obras xa escritas e publicadas directamente na nosa lingua.

 

 

 

Se en anteriores ocasións os autores do ciclo 10 anos, 10 autores, 10 libros estiveron acompañados por unha xornalista, un editor, e un libreiro, nesta ocasión María Solar vai a estar acompañada dun músico, Abe Rábade. A conversa entre escritora e músico en base ao misterio do reloxo da igrexa de Eiranova seguro que será unha nova ocasión para desfrurar da maxia da literatura e compartir a pegada que deixa nos lectores.

 
Exposicións
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h