Biblioteca e Arquivo de Galicia

A Biblioteca de Galicia ofrece os seus servizos cumprindo coas Medidas de funcionamento das bibliotecas de xestión autonómica a partir do 22 de xuño de 2020 ata o levantamento da emerxencia sanitaria en Galicia establecidas pola Xunta de Galicia.

Para cumprir con esas medidas adaptáronse as condicións de uso da súa sala de lectura, aberta de luns a venres de 09:00 a 21:00 horas.

No Documento Información sobre as condicións de uso da sala de lectura da Biblioteca de Galicia detállanse todas as indicacións, das que destacan as seguintes:

• A capacidade da sala de consulta da biblioteca de galicia redúcese a 45 postos.

• Cada un dos postos está numerado.

• Os números asignaranse por orde de chegada.

• Ante a significativa redución dos postos da biblioteca, un usuario/a con posto asignado non poderá ausentarse do mesmo máis dunha hora seguida.

• Non está permitido introducir comida ou bebida, agás auga embotellada.

• Será obrigatorio o uso de máscaras nas zonas comúns da biblioteca.

Polo que respecta aos servizos de consulta e acceso aos documentos de usuarios e investigadores (información bibliográfica, reprografía e acceso aos fondos dos depósitos) ofrécense nos seguintes horarios:

  • De luns a venres de 09:00 a 15:00
  • Poderase facer uso dos servicios de consulta de 16:00 a 20:00 previa solicitude no correo electrónico bibliotecadegalicia@xunta.gal

                                                      A BIBLIOTECA E ARQUIVO DE GALICIA

O edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia alberga estas dúas institucións independentes.

Fai un percorrido virtual polo edificio.

Cabeceira do sistema de bibliotecas galegas e do patrimonio documental da nosa comunidade, a Biblioteca de Galicia reúne, conserva e difunde todo o patrimonio bibliográfico da comunidade e facilita o seu acceso, xa sexa de forma presencial ou virtual. Peza clave para as actividades culturais relacionadas co libro, a lectura e as bibliotecas, a difusión da cultura galega é un dos grandes obxectivos desta institución. Ademais, funciona como depósito legal de todas as publicacións editadas en Galicia, das que se deposita unha copia nas súas instalación.

O legado cultural deixado por Isaac Díaz Pardo, obras e gravados de Seoane, a biblioteca de Basilio Losada, as obras de Carlos Casares ou a más completa cartografía de Galicia forman xa parte duns fondos abertos a todos os cidadáns.

O Arquivo de Galicia, como cabeceira e de referencia do sistema de arquivos da comunidade, a súa misión é a de recibir, custodiar e poñer a disposición dos cidadáns todos aqueles documentos públicos ou privados en calquera tipo de formato que, polo seu valor, precisen ser conservados. Ademais, o Arquivo de Galicia custodia os documentos emanados das actividades da Xunta de Galicia e os seus órganos dependentes, asegurando o seu acceso aos cidadáns.

Cunha ampla sala de lectura, unha potente rede wifi e un servizo de consulta dixital, a Biblioteca e Arquivo de Galicia ábrese aos usuarios como zona de estudo pero tamén como lugar para acoller diferentes eventos: desde concertos a proxeccións audiovisuais ou obradoiros. Unha función que se complementa co auditorio do que dispón o edificio, cunha capacidade para 120 persoas.