A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aposta polo certame internacional para a difusión da música galega desde a Cidade da Cultura e Compostela. O director da Agadic compartiu cos directivos de Womex e da empresa Nordesía a primeira presentación oficial da sede galega. A maior feira especializada en música tradicional e de raíz despraza cada ano unha media de 3.000 persoas entre profesionais e artistas procedentes de 30 países.
A Agadic e a Fundación Cidade da Cultura asinan un convenio polo que ofertan o aluguer de 20 espazos de traballo por 120 euros ao mes por un período inicial de seis meses, prorrogable ata un máximo de tres anos. Esta iniciativa de emprendemento cultural, prevista no Plan Gaiás, ten como obxectivo facilitar a creación e consolidación de proxectos culturais. Esta é a primeira fase dun proxecto de apoio ao coworking e ao emprendemento dentro do eido das industrias culturais que se ampliará en función das necesidades e a demanda .
Tras dous anos de traballo, a Xunta de Galicia e o consello de Santiago veñen de conseguir que a candidatura de Compostela albergue en 2014 o Womex, un acontecemento internacional fundamental dentro das denominadas “World Music”. Trátase dun evento que atrae máis de 2.500 profesionais acreditados (principalmente programadores culturais) e máis de 300 artistas. A feira estará integrada por máis de 300 stands e varios escenarios simultáneos para actuacións en vivo, e estimase que suporá unha importante fonte de ingresos para a sociedade galega.
- Proximamente o Museo exporá unha mostra única con 12 códices que por primeira vez se exporán xuntos e fora dos arquivos catedralicios
- Os representantes das dioceses galegas mostraron a súa total colaboración coa Consellería de Cultura e Educación desde as primeiras reunións mantidas en xullo
- É unha oportunidade única de poder achegarse a historia cultural e patrimonial de Galicia a través das doce mellores obras manuscritas

Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 245
- 246
- 247
- 248
- 249
- 250
- 251
- 252
- 253
- seguinte ›
- última »