Esta mostra, que permanecerá ata o 15 de decembro, será un escaparate do patrimonio galego ao tempo que implica un proxecto de rehabilitación e investigación científica.
“Gallaecia Petrea” será a primeira exposición do Museo de Galicia da Cidade da Cultura, unha das mostras máis ambiciosas organizada na nosa Comunidade.
A través dela, o visitante recorrerá a historia da construción da cultura galega a partir dun elemento tan emblemático como é a pedra A mostra, que ocupará os 6.600 metros cadrados do Museo e que estará aberta ata decembro, organízase en seis áreas: Xeoloxía, Prehistoria, Roma, Medieval, Moderna e Contemporánea As pezas, algunhas de ata dez toneladas de peso, proceden de diferentes partes de Galicia, España e de Portugal, e están a ser trasladadas nunha complexa operación técnica rodeada de estritas condicións de seguridade
"Gallaecia Petrea", a exposición máis ambiciosa sobre a historia da pedra en Galicia, será a encargada de inaugurar o edificio máis espectacular da Cidade da Cultura. Dende o 1 de novembro, o Museo acolleu eventos especialmente pensados para o edificio como o "Galician Connection ao Vivo" ou a Intervención Sonora de Mercedes Peón.
As conferencias públicas de Ei-ichi Negishi e Tim Hunt, Nobel de Química en 2010 e de Medicina en 2001 polas súas achegas nos campos da arquitectura molecular e do ciclo celular, respectivamente, terán lugar no edificio de Servizos Centrais da Cidade da Cultura
Björk actuará o 22 de xuño na praza exterior do Gaiás, no único concerto en solitario da xira española de presentación do seu último disco ‘Biophilia’
As primeiras entradas sairán á venda cun prezo especial de 35 euros máis gastos de xestión para todos aqueles que as compren antes do 15 de abril
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 241
- 242
- 243
- 244
- 245
- 246
- 247
- 248
- 249
- seguinte ›
- última »
