Clic Xanela | Segundo consello: control da luz do móbil

Segunda entrega de Clic Xanela!

Xa comprobamos a diferenza entre facer unha foto en vertical e horizontal. Ademais, descubrimos que non é o mesmo facer unha fotografía desde a cámara do móbil que desde unha aplicación de redes sociais.

Neste segundo consello imos afondar con Óscar Corral nas distintas opcións que temos do control da luz co noso móbil.

  • O primeiro que nos lembra o noso fotógrafo é que temos que observar a orientación da nosa xanela; neste punto é importante sempre ter en conta un factor básico en canto onde está situada a fiestra desde onde queremos facer a foto; xa que o Sol sae polo este e ponse polo oeste.
  • Temos que ter claro que a distintas horas do día as nosas fotos cambian do mesmo xeito que cambia a luz.
  • Mais para traballar con isto, recoméndanos que unha vez que acendamos a cámara, imos poder cambiar parámetros como é o da exposición, moi importante para manexar a luz das nosas fotos.