O festival Pequefilmes renova un ano máis a súa colaboración co Festival Internacional de Curtametraxes Clermont-Ferrand, a cita máis grande do mundo dedicada ao cinema miúdo. Proxectaranse un total de 13 filmes que resultaron seleccionados nas últimas edicións do festival francés en catro sesións, de balde, nas mañás do 27 e do 28 de xaneiro de 2024.
Para asistir ás mesmas é necesario retirar convite, sen custo, en Ataquilla ou na recepción do Museo Centro Gaiás (de maneira anticipada) ou o mesmo día das proxeccións no despacho de billetes que haberá no Edificio CINC.
CLERMONT-FERRAND | SALA MIÑOCAS
SÁB 27 e DOM 28 ás 11.00h
- SPACAPUFI. Jaka Ivanc (Eslovenia, 2021. 11 min.)
- HELLO STRANGER. Julia Ocker (Alemaña, 2021. 6 min.)
- LE SPECTACLE DE MATERNELLE. Loïc Bruyère (Francia, 2019. 8 min.)
- UN LYNX DANS LA VILLE. Nina Bisiarina (Francia, Suíza, 2019. 6 min.)
- PUMPERS PARADISE. Eddy Hohf (Alemaña, 2019. 2 min.)
- KNIGHT TO MEET YOU. Nicolas Canot, Antoine Fromager, Laurie Bogdel, Loïc Resplandy, Lucas Godineau, Mathieu Astruc (Francia, 2016. 4 min)
- NAERIS. Piret Sigus, Silja Saarepuu (Estonia, 2022. 7 min.)
CLERMONT-FERRAND | SALA FANECAS
SÁB 27 e DOM 28 ás 11.15h
- THE BEAUTY. Pascal Schelbli (Alemaña, 2019. 4 min)
- STARS ON THE SEA. Seung-Wook Jang (Corea do Sur, 2021. 6 min)
- UN CAILLOU DANS LA CHAUSSURE. Eric Montchaud (Francia, 2020. 12 min)
- LITTLE OX. Raf Wathion, Patrick Vandebroeck (Bélxica, Países Baixos, 2021. 11 min)
- POMPIER. Yulia Aronova (Francia, 2020. 9 min)
- O28. Fabien Meyran, Otalia Causse, Geoffroy Collin, Louise Grardel, Antoine Marchand, Robin Merle (Francia, 2019. 5 min)



