A Cidade da Cultura de Galicia convida á comunidade escolar a descubrir a Historia de Galicia a través da moda e abordar a súa vertente sociolóxica e antropolóxica a través de visitas didácticas á exposición Con-Fío en Galicia, a nova mostra do Museo Centro Gaiás.
As visitas didácticas para escolares teñen como obxectivos:
- Achegarse á historia e a cultura de Galicia desde a dimensión do téxtil.
- Valorar a moda como fenómeno característico das sociedades humanas.
- Coñecer a evolución histórica do vestido en Galicia.
- Entender o proceso de integración/diferenciación social a través da roupa.
- Reflexionar criticamente sobre o papel da moda na sociedade do presente.
- Debater sobre a influencia da moda na nosa vida cotiá.
As actividades educativas divídense en dúas partes: unha visita didáctica á exposición, seguindo un percorrido discursivo adaptado aos diferentes niveis educativos; e unha actividade complementaria específica que permita fixar os principais conceptos e a participación activa do alumnado no discurso da exposición. Consultar o PDF coas actividades na área de descargas.
| 670.15 KB |
Nov 2025 - Abril 2026
De martes a domingo
Feb - Set 2026
De martes a domingo






