Visitas comentadas | Unha vida viquinga

Percorrido guiado polo persoal especializado do Museo Centro Gaiás no que poderás achegarte dun xeito novidoso á cultura viquinga e viaxar no tempo para mergullarte nunha civilización rica e fascinante que cativou a imaxinación das persoas ao longo dos séculos. 

Nesta visita comentada poderás achegarte a Unha vida viquinga: un dos proxectos expositivos máis destacados do ano que comprende unha escolma de 120 pezas, das que a meirande parte pertencen a museos de historia e arqueoloxía de referencia en Europa arredor da cultura viquinga e que excepcionalmente podes contemplar no Gaiás entre xullo de 2024 e xaneiro de 2025.

A exposición relata como era a vida dunha persoa da Idade Viquinga (da segunda metade do s.VIII á segunda metade do s.XI) máis alá dos preconceptos e estereotipos da cultura popular sobre esta civilización. Amosa por exemplo a participación das mulleres nas campañas de exploración, ou pón a ollada na cultura viquinga máis alá de Escandinavia, na súa interacción con outros pobos e terras, tanto en intercambios violentos e conquistas, pero tamén a través de asentamentos ou do establecemento de relacións comerciais.

Está comisariada pola doutora en Estudos Escandinavos pola Universidade de Aberdeen, investigadora e especialista na Idade Viquinga, Irene García Losquiño.

Información a ter en conta

  • De balde
  • As visitas comentadas precisan reserva previa: podes comprobar na columna da dereita as datas, horario e dispoñibilidade. Tamén podes reservar directamente no Punto de información do Museo.
  • Os/as menores que asistan á visita deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta responsable.
  • A exposición pode tamén visitarse por libre, sen guía, sen necesidade de reserva previa.
  • Deberán seguirse en todo momento as instruccións do persoal responsable da visita.