Visitas comentadas | Tesouros reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum

Percorrido comentado para descubrir o extraordinario e pouco coñecido tesouro artístico do Terra Sancta Museum de Xerusalén, composto de doazóns das monarquías católicas europeas ao longo de 500 anos. Valiosas pezas creadas para os ollos de Deus, que os reis e raíñas máis poderosas de Europa enviaron a Xerusalén: lugar de profunda simboloxía espiritual e importante centro de proxección do seu poder e devoción.

A mostra internacional Tesouros reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum trae a Santiago de Compostela, en exclusiva para España, un patrimonio composto por valiosos obxectos relixiosos de metais e pedras preciosas, cálices, ourivería, códices, ornamentos, vestiduras sacras de rara manufactura… Pezas únicas de incalculable valor que foron custodiadas durante máis de oito milenios pero que raramente puideron ser vistas polo gran público. 

Da man do equipo de guías do Museo Centro Gaiás poderás mergullarte nesta exposición que se completa tamén con pezas arqueolóxicas, pictóricas e outras obras senlleiras de institucións galegas como o Convento de San Francisco de Compostela, do Museo das Peregrinacións, ou do Museu Calouste Gulbenkian de Lisboa.

Información a ter en conta

  • De balde
  • As visitas comentadas precisan reserva previa: podes comprobar na columna da dereita as datas, horario e dispoñibilidade. Tamén podes reservar directamente no Punto de información do Museo.
  • Os/as menores que asistan á visita deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta responsable.
  • A exposición pode tamén visitarse por libre, sen guía, sen necesidade de reserva previa.
  • Deberán seguirse en todo momento as instruccións do persoal responsable da visita.
 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h