Visitas comentadas | De lugares e cousas

Podes visitar De lugares e cousas. Colección de Arte Banco Sabadell de martes a domingo, con entrada libre e de balde. Porén, se buscar saber algo máis de cada unha das 41 pezas que compoñen a mostra, así como das e dos artistas que as crearon, recomendámosche reservar unha das nosas visitas comentadas.

Da man do equipo de guías da Cidade da Cultura poderás afondar nesta exposición que percorre a evolución da arte contemporánea desde a segunda metade do século XX ata os nosos días, coñecer as autoras e autores que abriron camiño e racharon os moldes da escultura e da pintura en Galicia, España e Portugal —Eduardo Chillida, Jorge Oteiza, Antoni Tàpies, Esther Ferrer, por exemplo— así como as dúas xeracións posteriores que seguen a experimentar coas técnicas e materiais para facernos mirar as cousas —tamén as pezas artísticas— con outros ollos. Entre eles contamos a algún dos creadores e creadoras que que están a despuntar a nivel nacional e internacional como Irma Álvarez-Laviada, David Bestué, Jordi Colomer, Jaume Plensa ou Teresa Solar Abboud, entre outros moitos.

A Colección de Arte Banco Sabadell foise ampliando ao ritmo do crecemento do banco. A maioría das obras son actuais e, como é habitual, foron adquiridas pola súa calidade artística, o seu valor innovador e o que poidan supoñer de investimento, ademais do seu valor decorativo. En tal sentido, cómpre lembrar que unha das cuestións que a singularizan é, precisamente, a función de decoración dos espazos de traballo e de relación cos clientes e os accionistas do banco. Daquela, valores e estética conxúganse para se converter nun elemento destacado da imaxe e da marca Banco Sabadell. 

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • De balde
  • As visitas comentadas precisan reserva previa: podes comprobar na columna da dereita as datas, horario e dispoñibilidade.
  • Os/as menores que asistan á visita deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta responsable.
  • A exposición pode tamén visitarse por libre, sen guía, sen necesidade de reserva previa.
  • Deberán seguirse en todo momento as instruccións do persoal responsable da visita.
 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas