Os amantes da bicicleta xa non teñen excusa para non achegarse ao Gaiás.
A Cidade da Cultura, en colaboración coa Fundación USC Deportiva, ofrécelle a todos aqueles que gozan sobre as dúas rodas unha alternativa amena e diferente para subir ao complexo deseñado por Peter Eisenman. Dous percorridos pensados para todos os públicos e que lles descubrirán aos habitantes de Compostela novos recunchos da cidade e aos estranxeiros unha nova forma de coñecela.
Acompañados en todo momento dun monitor, os participantes poderán baixarse da bici unha vez chegados ao Gaiás para realizar unha visita da man dun guía da Fundación Cidade da Cultura. Unha experiencia única para para combinar diversión e deporte.
MODALIDADES DE RUTA
Ruta técnica ou Adultos
- 10 xullo | 14 agosto | 4 setembro
- A partir de 13 anos
- 12 km (posibilidade de ampliación a 15 - 20 km)
- Aproximadamente 60 min. ata o Gaiás
Ruta familiar
- 26 xuño | 31 xullo | 21 agosto | 18 setembro
- A partir de 11 anos
- 9,5 km ida e volta
- Aproximadamente 25 - 40 min. ata o Gaiás






