Pequefilmes 2024 | Obradoiros: cine de sombras

Que tal se nos convertemos en cineastas por un día? Cine e teatro de sombras chinesas únense nestes obradoiros que se enmarcan na programación do festival de curtas infantís Pequefilmes. Así, ademais de gozar das mellores producións chegadas de diversos países, o público miúdo tamén poderá experimentar creando a súa propia peza. Na actividade adaptaremos un conto breve a partir dun texto guionizado previamente. Desta maneira a cativada traballará en grupo en varios aspectos:

  • Deseño e construción de personaxes e escenariosPreparación das caixas de luz para crear o entorno 
  • Ensaio de animación e dobraxe
  • Gravación dos planos

Rematado o obradoiro farase a montaxe de imaxe e son e as pezas resultantes publicaranse nas redes sociais da Cidade da Cultura. 

Mercar entrada
 
En familia
 
8 de xuño de 2024
Ás 11.30 e ás 12.00 horas