Obradoiro | Do maxín á imprenta

Con motivo da exposición Primores do múltiplo. Encadernación e coleccionismo na Biblioteca de Galicia que se amosa no edificio da Biblioteca e o Arquivo de Galicia ata o mes de xuño, a Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro organiza un obradoiro para rapazas e rapaces no que se pretende desvelar os pasos que segue un conto, neste caso un álbum ilustrado, dende que se escribe ata que se converte en libro.

De xeito ilustrativo, iniciaremos a sesión coa proxección de fotografías das máquinas que participan no proceso de creación dun libro, dende que se reciben os textos e as ilustracións, pasando pola creación do storyboard e amosando ao mesmo tempo as probas de maquetación, os pregos de imprenta e o producto final: o libro.

Aprenderemos como o soporte dun libro está formado por varios cadernos, pregados e dobrados de tal xeito que estes casen, e a lectura sexa correcta a nivel de texto e imaxe. Aprenderemos a facelo creando o noso propio libro coma se dunha imprenta se tratase.

 
En familia