O Gaiás no Camiño

Nun momento tan sinalado como este Xacobeo 2021·22 convidámosvos a unha descuberta guiada polos vencellos que ten a Cidade da Cultura co Camiño de Santiago, desde os primeiros planos do proxecto arquitectónico -realizado a semellanza do trazado das rúas da cidade vella compostelá-, aos últimos detalles construtivos que se foron incorporando ao complexo. Pescudaremos tamén algúns dos segredos que agochan os seus edificios, como a copia facsimilar do Codice Calixtino que posúe a  Biblioteca de Galicia, un dos documentos históricos que mellor nos permiten coñecer o valor histórico e cultural da ruta xacobea.

O percorrido, desenvolvido case enteiramente no exterior, permitiranos contemplar unha vista diferente da cidade de Santiago e da súa Catedral desde o cumio do Gaiás e, camiñando polo Bosque de Galicia, levaranos ata a Vía da Prata, ou Calzada Real, que no seu último tramo de entrada en Compostela bordea a aba suroeste do monte Gaiás. 

 

IMPORTANTE 

  • Percorrido suxeito a modificacións por cuestións organizativas.
  • Deberán seguirse en todo momento as indicacións do persoal responsable da actividade.
  • Cómpre ter en conta que o percorrido inclúe desprazamentos por pavimentos irregulares, escaleiras e pendentes na aba do monte, polo que non sería apto ou presentaría dificultades con cadeiras de rodas ou dificultades de mobilidade. 
  • Os/as menores que asistan á visita deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta responsable.
  • Podes consultar aquí os diferentes modelos de visitas comentadas que ofertamos.
 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h