O dedo máxico

A lectura é unha actividade imprescindible para o desenvolvemento dun lector en formación e para a súa relación cos demais e co seu medio natural dun xeito atractivo e lúdico.

OQO editora traballa cun libro/álbum ilustrado, como un obxecto cultural que atrae a atención do lector en formación mergullándoo nunha historia con palabras e imaxes.

As novas tecnoloxías son o medio no que se desenvolve o/a neno/a do século XXI, tendo un protagonismo troncal na sociedade do futuro, por isto OQO editora crea a Biblioteca OQO dixital onde as historias están contadas a través da literatura e a plástica, a narración oral e o cinema; deste xeito un dedo é o que necesita un/unha neno/nena para facer que as cousas aparezan e desaparezan, un obradoiro interactivo onde se proporán xogos que se deben realizar de maneira dixital ou mediante o uso de materiais da contorna dos rapaces e rapazas.