A bica que rica! | Obradoiro gastroliterario na Biblioteca de Galicia

Cal pensades que é a nosa sobremesa máis tradicional? Non vos preocupedes, que xa volo dicimos nós: a bica.

Coñecemos moitas variedades deste biscoito segundo a zona de Galicia, pero hai algo que nunca cambia: a súa textura suave e ese arrecendo inconfundible a canela que nos abre a fame só de pensalo.

Neste obradoiro da Biblioteca de Galicia prepararemos unha deliciosa bica mentres descubrimos os seus segredos, as súas receitas e as distintas versións que existen por todo o territorio galego. Mentres o aroma a canela enche os espazos da Biblioteca de Galicia, tamén imos compartir e explorar a tradición a través da palabra.

Durante a actividade escoitaremos o conto do chef Martiño, un cociñeiro que está a preparar o seu propio biscoito mentres soña con converterse en gran chef. Ao longo do obradoiro, este personaxe acompañaranos cunha historia divertida e chea de aprendizaxes, na que a cociña e a imaxinación van da man.

Este é un espazo no que a gastronomía e a literatura se mesturan de forma natural. A través dos sabores e dos relatos, descubrimos que cociñar e contar contos teñen algo en común, ambas cousas nutren a creatividade, a memoria e o gusto por compartir.

 

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás