Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca de Galicia 2022 | Actividades en familia

A Biblioteca de Galicia celebra o mes dedicado á ciencia, novembro, con varios obradoiros e actividades destinadas a un público familiar, converténdose nun gran laboratorio no que poderán desfrutar nas tardes do sábado con divertidas experiencias, á vez que aprenden e afondan no coñecemento científico dunha maneira moi amena. O 'Mes da Ciencia na Biblioteca de Galicia' trátase dun ciclo que xa tivo moito éxito en edicións anteriores e que agora se volve repetir coa seguinte programación:

"CSICvisión": Festival da canción científica | 5 Nov | Inscríbete

Soñaches algunha vez con cancións de Eurovisión comprometidas co cambio climático ou que conteñan historias sobre bioloxía, investigación por satélite ou sobre o estado das rías galegas? Se es afeccionado aos festivais musicais non te podes perder o Festival da Canción Científica CSICvisión.
 
  • Público: A partir de 10 anos
  • Lugar: Auditorio da Biblioteca de Galicia
  • Horario: 17:30 h
  • Duración: 60 minutos
  • Prazas: 120
  • De balde, previa inscrición 

Obradoiro "Deseñando o noso escudo familiar" | 12 Nov | Inscríbete 

 Sabemos por que o símbolo da casa Gryffindor de Harry Potter é un león? 
 
  • Imparte: CSIC
  • Público: 3º a 6º de primaria
  • Lugar: Aula I da Biblioteca de Galicia
  • Horario: 17:30 h
  • Duración: 90 minutos
  • Prazas: 20
  • De balde, previa inscrición

Neste obradoiro o que se pretende é introducir aos nenos e ás nenas de primaria na orixe e significado da heráldica: como xorde, como se foi desenvolvendo co tempo e como podemos deseñar un escudo de armas propio seguindo as regras básicas da heráldica.  Finalmente cada participante poderá levar o seu escudo nunha chapa que se fará “in situ”.

 

Obradoiro "E que rico sabe o mar!" | 19 Nov | Inscríbete 

Actividade baseada no contacontos interactivo do cómic “E que rico sabe o mar!” do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC.

  • Imparte: CSIC
  • Público: de 10 a 12 anos
  • Lugar: Aula I da Biblioteca de Galicia
  • Horario: 17:30h | 90 minutos
  • Prazas: 20
  • De balde, previa inscrición

O percorrido do obradoiro será da man dos personaxes do cómic, e ao final todos/as os/as participantes levarán un exemplar do devandito cómic.

Experimentos "Esta auga está moi fría!" | 26 Nov | Inscríbete 

Qué o afloramento costeiro? Por qué a auga do mar está más fría nunhas praias ca noutras? Experimentos sinxelos para entender a ocenografía das nosas costas. Neste obradoiro faremos unha serie de experimentos s empregando materiais que podemos atopar nas nosas cociñas para dar resposta a estas preguntas.
 
  • Imparte: CSIC
  • Público: A partir de 10 anos
  • Lugar: Aula I da Biblioteca de Galicia
  • Horario: 17:30 h
  • Duración: 60 minutos
  • Prazas: 20
  • De balde, previa inscrición