Sons do Bosque | Mes da Ciencia na Biblioteca de Galicia 2021

A Biblioteca de Galicia celebra o mes adicado á ciencia, novembro, con varios obradoiros e actividades destinadas a distintas idades e públicos, converténdose nun gran laboratorio para grandes e maiores que poderán desfrutar cada sábado con divertidas experiencias, á vez que aprenden e afondan no coñecemento científico dunha maneira moi amena.

O Mes da Ciencia na Biblioteca de Galicia inclúe na súa programación esta actividade deseñada para todos os públicos, que ten por obxectivo presentar de xeito teatralizado as árbores máis emblemáticas dos nosos bosques: carballos, castiñeiros, bidueiros, salgueiros, loureiros… mediante cantigas tradicionais: historias, lendas, anécdotas ou contos.

A escenificación inclúe a proxección de imaxes e materiais da natureza, que serán comentadas polas investigadoras e acompañadas de cantigas nas que participarán os músicos. Partindo da música se establecerá un diálogo coas árbores, a través do cal se darán a coñecer ao público, o papel fundamental das árbores autóctonas nos bosques galegos, o seu pasado e presente.

Xusto no presente, daranse a coñecer algunhas das investigacións que se levan a cabo no IIAG (Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia) e que son unha historia de esperanza para o futuro das árbores e de todas as persoas.