A Biblioteca de Galicia celebra o mes dedicado á ciencia, novembro, con varios obradoiros e actividades destinadas a un público familiar, converténdose nun gran laboratorio no que poderán desfrutar nas tardes do sábado con divertidas experiencias, á vez que aprenden e afondan no coñecemento científico dunha maneira moi amena. O 'Mes da Ciencia na Biblioteca de Galicia' trátase dun ciclo que xa tivo moito éxito en edicións anteriores e que agora se volve repetir coa seguinte programación:
"CSICvisión": Festival da canción científica | 5 Nov | Inscríbete
![]() |
Soñaches algunha vez con cancións de Eurovisión comprometidas co cambio climático ou que conteñan historias sobre bioloxía, investigación por satélite ou sobre o estado das rías galegas? Se es afeccionado aos festivais musicais non te podes perder o Festival da Canción Científica CSICvisión.
|
Obradoiro "Deseñando o noso escudo familiar" | 12 Nov | Inscríbete
![]() |
Sabemos por que o símbolo da casa Gryffindor de Harry Potter é un león?
|
Neste obradoiro o que se pretende é introducir aos nenos e ás nenas de primaria na orixe e significado da heráldica: como xorde, como se foi desenvolvendo co tempo e como podemos deseñar un escudo de armas propio seguindo as regras básicas da heráldica. Finalmente cada participante poderá levar o seu escudo nunha chapa que se fará “in situ”.
Obradoiro "E que rico sabe o mar!" | 19 Nov | Inscríbete
![]() |
Actividade baseada no contacontos interactivo do cómic “E que rico sabe o mar!” do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC.
|
O percorrido do obradoiro será da man dos personaxes do cómic, e ao final todos/as os/as participantes levarán un exemplar do devandito cómic.
Experimentos "Esta auga está moi fría!" | 26 Nov | Inscríbete
![]() |
Qué o afloramento costeiro? Por qué a auga do mar está más fría nunhas praias ca noutras? Experimentos sinxelos para entender a ocenografía das nosas costas. Neste obradoiro faremos unha serie de experimentos s empregando materiais que podemos atopar nas nosas cociñas para dar resposta a estas preguntas.
|
