Medidas na Cidade da Cultura pola situación sanitaria

Co fin de garantir a saúde de visitantes, usuarios e traballadores e seguindo as indicacións  das autoridades sanitarias en relación co Covid-19, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia informa:

 A partir do 18 de maio, o Museo Centro Gaiás está aberto de luns a domingo, de 10 a 20 horas, xunto ao seu Punto de Información, situado tamén no andar 0 das instalacións, o único dos tres andares que neste intre está aberto para a visitas co obxecto de facilitar o acceso as maquetas arquitectónicas da Cidade da Cultura. Limitación de visitas a un terzo da súa capacidade e non están activas as visitas nin reservas para grupos.

 A Biblioteca de Galicia aberta desde o luns 18 de maio coas seguintes actividades autorizadas:

• Préstamo e consulta en sala dos fondos custodiados na biblioteca. As obras poderán ser solicitadas polos usuarios (preferentemente mediante petición ou reserva anticipada) e serán proporcionadas polo persoal da biblioteca.
• Ningunha obra do catálogo da Biblioteca de Galicia será susceptible de préstamo a domicilio. Aquelas que puntualmente aparecen no catálogo da biblioteca como DISPOÑIBLES están suxeitas a condicións de préstamo especiais. Polo momento, queda excluída calquera opción de consulta destas obras fóra das instalacións da biblioteca.
• Información bibliográfica e bibliotecaria.
• A petición previa dos fondos poderá realizarse a través do correo electrónico bibliotecadegalica@xunta.gal, nos teléfonos 881 999 279 / 981 545 070 ou mediante o formulario de préstamo creado expresamente para
esta fase da desescalada dispoñible na páxina web da biblioteca.
• O usuario será informado, ben por teléfono ou por correo electrónico, do día no que poder acudir a consultar a obra solicitada.
• Poderanse consultar un máximo de tres ítems por usuario e día, agás causa xustificada. Se un usuario precisa consultar un mesmo documento máis dun día, deberá indicar esta circunstancia ao persoal da
biblioteca. Permitirase a reserva dese documento durante un máximo de 5 días consecutivos.
• Unha vez consultadas as obras, devolveranse ao persoal da biblioteca, que as depositará nun lugar apartado durante polo menos catorce días.
• O horario de apertura da biblioteca será de luns a venres de 9:00 a 20:00 / 21:00 horas.

NON prestará os seguintes servizos:

• Estudo en sala
• Préstamo interbibliotecario
• Actividades culturais, así como calquera outro servizo destinado ao público distintos dos expresamente mencionados como autorizados.
• As coleccións en libre acceso (obras conservadas na sala de consulta) permanecerán pechadas ao
público. Poderanse consultar as obras destas coleccións pero só previa solicitude ao persoal da
biblioteca.
• NON se poderá facer uso dos computadores de acceso a Internet da biblioteca destinados para o uso público dos cidadáns, así como dos catálogos de acceso público. Queda tamén prohibido o acceso aos equipos informáticos para á consulta da prensa dixitalizada que aínda se atopa baixo dereitos de propiedade intelectual e aos destinados á consulta ao Depósito Legal Electrónico.

Outras medidas:

• Establecese unha redución da capacidade ao trinta por cento (30%) para garantir que se cumpren as medidas de distancia social (2 metros). En total os postos de consulta da biblioteca quedan reducidos a 41.
• Os usuarios NON poderán acceder á biblioteca con libros ou calquera outro tipo de documentos propios. Permitirase o acceso con dispositivos electrónicos móbiles (smartphones, tablets e ordenadores portátiles). Queda expresamente prohibida a utilización destes dispositivos como ferramentas para o estudo na sala de lectura da biblioteca.

 O Arquivo de Galicia manten inicialmente a atención telemática, reservando a atención presencial para casos imprescindibles e baixo cita previa.

➖ O Punto de Información da Cidade da Cultura, situado no Museo Centro Gaiás, está aberto de luns a domingo. De 10 a 20 horas. Dúbidas, consultas ou aclaracións son atendidas no teléfono 881 997 584 ou no enderezo electrónico: o.informacion@cidadedacultura.org

➖ Os espazos naturais do Bosque de Galicia e o Parque do Lago están abertos --a partir do 26 de abril-- en horario de 8.30 a 23 horas. Non se permitirá o uso da área de lecer infantil, que permanecerá pechada.

➖ Os equipos do Museo Centro Gaiás, da Biblioteca e do Arquivo de Galicia continúan a traballar de xeito interno, prestando servizos a través de ferramentas dixitais e potenciando os contidos online.

➖ Os espazos de traballo do Centro de Emprendemento continuarán abertos para prestar servizo ás empresas e persoas emprendedoras usuarias das instalacións, de xeito que poidan desenvolver o seu traballo con normalidade, pero sempre atendendo as recomendacións sanitarias xerais. 

Ante posibles modificacións dos servizos do complexo da Cidade da Cultura, pregamos a cidadanía que consulte as webs e contas de redes sociais das institucións, empresas e colectivos localizados no Gaiás non dependentes da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Para máis información, o teléfono de atención á cidadanía é o 900 400 116.

Lembrando que estas decisións están dirixidas a minimizar o impacto do coronavirus, apelamos á responsabilidade de todos e todas para conter os contaxios e agradecemos a súa colaboración.
 
Moitas grazas.
 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas