Matinais Musicais | Oh, rosas vivas!

Oh, rosas vivas! é o título da intervención musical que se creará expresamente para o ciclo Matinais Musicais da Cidade da Cultura a partir da colaboración entre o grupo Gallaecia, Ensemble Barroco, o muralista Yoseba Murazábal, a poeta María Lado e a creadora visual Laura Iturralde, baixo da dirección artística de María José Pámpano.

Este ensemble de intérpretes e artistas da imaxe e da palabra explorarán as marxes entre a música antiga, a pintura e a linguaxe audiovisual dende o Espazo 232 da Cidade da Cultura e presentarán ao público o froito da súa pesquisa o día 21 de novembro no Salón de Convencións do Edificio CINC. Un concerto único no que as as pezas de compositoras dos séculos XVII e XVIII Francesca Caccini, Isabella Leonarda, Maria Bianca Meda, Bárbara Strozzi, Antonia Bembo e Élisabeth Jacquet de La Guerre como dialogarán coa creación visual contemporánea feita en Galicia. 

Oh, rosas vivas! quere reivindicar así a pegada feminina na historia da música e dar visibilidade ao traballo das creadoras e profesionais das industrias culturais galegas.

As entradas para o concerto poden adquirise en Ataquilla.com.

Descarga aquí o programa do concerto Oh, rosas vivas! 

PROGRAMA

  • Francesca Caccini (1587 - 1640). Obertura La liberazione di Ruggiero dalli isola di Alcina
  • Isabella Leonarda (1620 - 1704). Sonata XII Op.16
  • Bianca María Meda (c.1665 - c.1700). Cari Musici
  • Barbara Strozzi (1619 - 1677). Che si può fare
  • Antonia Bembo (1640 - 1720). Aria di Pasithea, L’Ercole Amante
  • Élisabeth Jacquet de La Guerre (1665-1729). Aria affecttuosa
  • Élisabeth Jacquet de La Guerre (1665-1729). Obertura Céphale et Procris
  • Caroline Shaw (1982). Red, Red Rose



GALLAECIA, ENSEMBLE BARROCO

Gallaecia, Ensemble Barroco é unha formación de nova creación que nace co afán de achegarse á música antiga desde unha perspectiva contemporánea, conxugando tradición e vangarda na procura de novos públicos e apostando polo talento creativo galego.

  • María José Pámpano, violín
  • Adrián Linares, violín
  • Ana Pazos, corneto
  • Carlos García, cello
  • Tin Novio, tiorba
  • Alfonso Morán, contrabaixo
  • Erea Blanco, cravo
  • Pilar Moráguez, soprano

 

  • Yoseba Murazábal, artista plástico
  • Laura Iturralde, visuais e iluminación
  • María Lado, texto
  • Inés Portela, produción
  • María José Pámpano, dirección artística