Magosto no Gaiás: Música para o baile con O Fiadeiro e Os Cempés

Magosto no Gaiás volve este outono para facernos un convite que non podemos rexeitar: un día de música para o baile. A partir das 21:00 horas, o Museo Centro Gaiás contará coas actuacións dos pandereteiros de O Fiadeiro e Os Cempés, que achegarán o público a un repertorio de músicas tradicionais para un obxectivo único: bailar. E nesta labor acompañarannos as asociacións de baile A Monteira de Vigo, Seráns de Santiago de Compostela e Danzalia Mundi da Coruña. A festa virá precedida dun magosto tradicional, que arrancará ao redor das 20:00, con degustación de castañas da IXP Castaña de Galicia. 

Mais o Magosto deste ano non se limitará á noite. Será un programa arredor da danza galega e das danzas de roda europeas con música en vivo, que contará a partir das 17 horas con tres obradoiros de iniciación ao baile totalmente de balde: un serán con Sandra Vázquez, bailes en parella con Suso Cancelas e bailes de roda con Pili Conde. Os dous son de balde previa inscrición.

O deste Magosto no Gaiás será un programa centrado no divertimento, exercicio e a interacción social dun xeito lúdico, distendido e informal a través do baile. Mais tamén unha oportunidade para a aprendizaxe de novos xéneros e bailes e conectar así o público galego ao movemento internacional do Bal Folk que en Europa vive un momento de grande intensidade nos últimos anos e que en Galicia aínda é incipiente, sendo un país históricamente moi rico en baile tanto rural como urbano.