FU V – Renacer

A Cidade da Cultura acolle FU V – RENACER, a nova edición de FU MOVEMENT, un proxecto reúne freestyle, música en directo e creación urbana nunha proposta que se afasta dos formatos competitivos tradicionais.

Tras unha primeira edición marcada por un imaxinario apocalíptico, FU V – RENACER propón un novo comezo. Santiago de Compostela, coa súa dimensión histórica, cultural e espiritual, convértese no escenario desta nova etapa, na que a cultura urbana dialoga co patrimonio e a identidade da cidade.

O proxecto integra freestyle, música e creación audiovisual nunha experiencia narrativa e escénica que explora conceptos como a transformación, a conexión e o renacer. Unha proposta na que o freestyle se entende como expresión libre e espontánea, sen xuíces, puntuacións nin gañadores.

Kenan, unha das voces máis carismáticas do freestyle, será un dos grandes nomes do cartel desta edición, con máis artistas por anunciar. 

FU V – RENACER reivindica a creatividade, a liberdade de expresión e a comunidade como eixos dunha experiencia aberta a artistas e públicos diversos. Unha volta ás raíces para iniciar un novo capítulo.