Holi Gaiás 2019

AMPLIACIÓN ATA MAÑÁ XOVES, DÍA 6, ÁS 14 HORAS, PARA INSCRIBIRTE!!
BULE PARA PARTICIPAR NUNHA DAS CARREIRAS MÁIS DIVERTIDAS DE GALICIA!! VAICHE AMOLAR PERDELA!!

Xa podes participar na Holi Gaiás 2019, unha das carreiras máis divertida de Galicia!

O sábado 8 de xuño, a partir das 12 horas, ven comprobar como se ampliaron os espazos verdes da Cidade da Cultura desde a edición da Holi Gaiás do ano pasado —segunda fase do Bosque de Galicia e o Xardín do Teatro— con esta actividade saudable, ateigada de cor e música.

Esta compitición atípica sempre esperta unha alto interese, tal e como reflicte o feito de que, nas dúas convocatorias anteriores, cubríronse deseguido o milleiro de prazas. Así que bule a inscribirte nesta carreira que se fai á semellanza dos festivais cos que na India, en Guyana e no Nepal, celebran a estación da primavera. 

Ven con roupa e zapatillas de deporte, pero o máis importante; ven coa mellor das actitudes! Deste xeito, gozarás dunha divertida mañá de sábado, onde non están garantidas marcas e tempos, pero si risas e un estupendo tempo de lecer en grupo, ao aire libre e nun ambiente festeiro, xa que durante os cinco quilómetros de percorrido pola Cidade da Cultura e a súa contorno natural vas contar con música e animación para que o espírito da Holi Gaiás non decaia en ningún momento! 

E cal é o espírito da Holi Gaiás? Diversión á esgalla! Por iso, ademais de con música, iraste enchoupando nesta competición coa xa característica e fachendosa poeira multicor, sinal de identidade deste festexo deportivo, onde emporcallarse vale máis que calquera medalla, que tamén as haberá para os tres primeiros e para as tres primeiras de cada categoría.

INSCRÍBETE NA CATEGORÍA QUE CHE CORRESPONDA

En Ataquilla.com nas opcións:

  • Categoría escolar (rapazada nada do 2004 ao 2009)
  • Categoría persoas adultos (Nadas en 2003 e anos anteriores)
 

INFORMACIÓN PRÁCTICA

 

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas