Emprender é aprender. Con José Manuel Costa García e Antía Otero

Entusiasmo e perseverancia son cualidades de Antía Otero e José Manuel Costa, que traballan no asentamento dos seus proxectos e van medrando con eles. Unha experiencia que trasladarán nesta terceira xornada de Xoves Emprendedores.

José Manuel Costa García. Doutor en Arqueoloxía e licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, formou parte do Departamento Historia I nesta mesma universidade. Foi membro activo do equipo técnico arqueolóxico nos proxectos de investigación do forte romano da Cidadela (Sobrado dos Monxes, A Coruña). É especialista no estudo da presenza militar romana a través da arqueoloxía e da historia antiga, cun forte peso no seu traballo das técnicas de teledetección (fotografía aérea, por satélite, LiDAR, SIG). Nos últimos tempos embarcouse en Romanarmy.eu, un proxecto interdisciplinar no que confluíron varios investigadores mozos do noroeste peninsular con dous intereses en común: o estudo da presenza militar romana nesta zona e a divulgación do noso patrimonio cultural e arqueolóxico.

Antía Otero. Tras licenciarse en Historia da Arte e formarse como actriz, traballa arredor da práctica escénica e da escrita. Publicou os poemarios individuais O Son da Xordeira e (Retro)visor. Leva anos dedicada a coordinar obradoiros de creación artística, poesía e escrita creativa tanto para entidades públicas como privadas. En 2014 crea xunto coa poeta Dores Tembrás, Apiario. Un proxecto cultural onde se tecen os cursos de formación literaria cun selo editorial independente.

 
 
Visitar
 
 
26 Out 2021 - 20 Feb 2022
Venres, 17.00 h
28 Out 2021 - 17 Abr 2022
17.00 h
Inverno 2021
De martes a domingo
Inverno 2021
Sáb e Dom, ás 11.30h
25 Xan - 8 Abr 2022
10.00 h| 12.30 h