Día dos Museos 2016

Obradoiros, contacontos, actividades lúdicas, percorridos didácticos, exhibicións artísticas… A Cidade da Cultura celebra neste 2016 o Día dos Museos cunha xornada de portas abertas pensada para gozar en familia.

No marco da mostra Con-fío en Galicia e seguindo o lema escollido para celebrar o #DIM16, Museos e Paisaxes Culturais, o vindeiro 21 de maio de 11 a 20 horas, o Museo Centro Gaiás convida aos visitantes a aproximarse á cultura galega a partir da moda e do téxtil.

Así, a Cidade da Cultura ofrece ser artista por un día e fabricar un tecido colectivo, coñecer de primeira man o proceso tradicional da elaboración do liño ou a lá, descubrir de onde vén a seda, facer da roupa usada unha obra de arte, participar nunha ilustración xigante, divertirse cos contos de Montse Rivera ou elaborar as prendas do futuro. Un amplo programa totalmente gratuíto que inclúe visitas especiais á mostra Con-fío en Galicia, con xogos e actividades pensados para todas as idades.

 
En familia