Enredando

O proceso de produción da seda é un dos fenómenos da natureza máis fascinantes. Da man da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, coñeceremos todo o proceso a través dunha demostración práctica e un pequeno teatriño: desde a cría e evolución dos vermes ata a extracción da seda para a confección do fío e a elaboración das teas. E para facer máis redonda esta actividade, os participantes poderán elaborar o seu propio bolso-bandoleira personalizado.