A solidariedade estará moi presente tamén neste Día dos Museos a través desta actividade que terá unha dobre vertente: a de goce e a de axuda aos que máis o precisan. Así, a Cidade da Cultura convida aos participantes no Día dos Museos a traer roupa usada e elaborar con ela un mosaico artístico efémero coa colaboración de todos. Ao finalizar a xornada, toda a roupa recollida ao longo do día cederase a ONGs para a súa distribución entre a poboación máis necesitada.
16 set 2026
De 19:00h a 20:00h

