Vivimos nun contexto de crise que afecta ao conxunto da actividade económica, e que castiga con especial virulencia ao sector cultural. Nesta conxuntura, os e as profesionais da creación están a redefinir os seus modos de traballo, buscando novas vías que lles permitan subsistir e viabilizar os seus proxectos.
Entre outras, están a apostar por fórmulas que facilitan a cooperación entre profesionais independentes (coworking). Albíscase pois un interese crecente por modelos inspirados nos valores da economía social.
Desde a Dirección Xeral de Cooperativismo e Economía Social e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia consideramos que é o momento de impulsar o coñecemento mutuo entre o sector cultural e a economía social. Porque a cooperación é decisiva á hora de desenvolver iniciativas culturais. E porque a cooperación e a creatividade son aliadas necesarias para afrontar os retos do futuro.
Programa
16:00 | Acreditación e benvida
16:30 | Presentación dos proxectos de emprendemento desenvoltos pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Beatriz González Loroño, Directora-Xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.
16:50 | A Rede Eusumo e outros servizos e incentivos que impulsan novas cooperativas. Xoán Miguel Concheiro Abal, Subdirector Xeral de Cooperativas e Economía Social, Xunta de Galicia.
17:10 | O modelo cooperativo e as súas posibles aplicacións no sector cultural. Ana Lorenzo Vila, Equipo técnico da Rede Eusumo.
17:40. Actuación do grupo de cámara do Conservatorio Histórico de Santiago
18:15 | Descanso
18:30 | Experiencias cooperativas no sector cultural:
- Grupo Mus21. Madrid.
- Culturactiva. Santiago.
- O Cable Inglés S. Coop. Galega. Vigo.
- Conservatorio Histórico de Santiago
19:45 | Clausura da Xornada a cargo de Odilo Martiñá Rodríguez, Director Xeral de Traballo e Economía Social.






