Cooperativas no sector da cultura

Vivimos nun contexto de crise que afecta ao conxunto da actividade económica, e que castiga con especial virulencia ao sector cultural. Nesta conxuntura, os e as profesionais da creación están a redefinir os seus modos de traballo, buscando novas vías que lles permitan subsistir e viabilizar os seus proxectos.

Entre outras, están a apostar por fórmulas que facilitan a cooperación entre profesionais independentes (coworking). Albíscase pois un interese crecente por modelos inspirados nos valores da economía social.

Desde a Dirección Xeral de Cooperativismo e Economía Social e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia consideramos que é o momento de impulsar o coñecemento mutuo entre o sector cultural e a economía social. Porque a cooperación é decisiva á hora de desenvolver iniciativas culturais. E porque a cooperación e a creatividade son aliadas necesarias para afrontar os retos do futuro.

Programa

16:00 | Acreditación e benvida

16:30 | Presentación dos proxectos de emprendemento desenvoltos pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Beatriz González Loroño, Directora-Xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

16:50 | A Rede Eusumo e outros servizos e incentivos que impulsan novas cooperativas. Xoán Miguel Concheiro Abal, Subdirector Xeral de Cooperativas e Economía Social, Xunta de Galicia.

17:10 | O modelo cooperativo e as súas posibles aplicacións no sector cultural. Ana Lorenzo Vila, Equipo técnico da Rede Eusumo.

17:40. Actuación do grupo de cámara do Conservatorio Histórico de Santiago

18:15 | Descanso

18:30 | Experiencias cooperativas no sector cultural:

  • Grupo Mus21. Madrid.
  • Culturactiva. Santiago.
  • O Cable Inglés S. Coop. Galega. Vigo.
  • Conservatorio Histórico de Santiago

19:45 | Clausura da Xornada a cargo de Odilo Martiñá Rodríguez, Director Xeral de Traballo e Economía Social.

 
Visitar
 
pdf 978.85 KB